A permanencia do Pontevedra na Segunda B ponse en xogo en Pasarón
Por Diego Espiño
Só vale gañar. O Pontevedra Club de Fútbol xoga a tempada este domingo (18:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ante o Unión Adarve.
Pase o que pase ante os madrileños o equipo granate chegará con vida á última xornada de liga, pero unha vitoria podería afastar definitivamente, en función dos resultados doutros campos, a pantasma de descenso á Terceira División, e diso é conciente do primeiro ao último membro do club.
Luismi adianta que os seus non contemporizarán e lanzaranse a por o triunfo "desde que pite el árbitro. Tenemos que jugar en campo contrario, cerca de su área, y tenemos que ser muy muy agresivos, a nivel ofensivo, sin balón... Yo creo que se tiene que ver que nos estamos jugando la vida", sinala o técnico.
Tanto el como os futbolistas móstranse convencidos de que "el campo va a estar lleno" e o apoio da afección pode ser fundamental ante un Unión Adarve que, aínda que salvado, pelexa por clasificarse para a Copa do Rei e que se caracteriza por ser un conxunto " en defensa muy agresivo e intenso" pero que cambia moito a domicilio e "intenta combinar eyasociarse".
No Pontevedra poucas son as sorpresas na convocatoria do equipo, tendo en conta as baixas por sanción de Álex González e Nacho e os problemas físicos de Prosi, Darío Flores e Anxo, o que fai que Luismi meta na lista a todos os dispoñibles, ademais dos xuvenís Juan e Jesús Barbeito.
Pola súa banda o Adarve contará coa baixa por sanción do atacante Auñón.
O colexiado do encontro será o xixonés Jaime Ruiz Álvarez, de ingrato recordo esta tempada para os pontevedreses ao ter perdido nos dous encontros que cruzaron os seus camiños, ante Celta B (2-1) e Fabril (1-0) a domicilio.
Relacionadas:
-
A seguir sufrindo. O Pontevedra non pode con Unión Adarve (0-0) e necesita gañar en Madrid
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Edu Sousa pasa de posibles primas: "No creo que cualquier regalo valga más que conseguir la permanencia"
Por Diego Espiño |
-
Luismi pide axuda á afección: "Contamos con ellos, más que nunca les necesitamos"
Por Diego Espiño |
-
Portas abertas en Preferencia e promocións no resto de bancadas para a 'final' ante o Adarve
Por Redacción |
-
Dúas xornadas nas que todo pode pasar
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica Segoviana saca as vergoñas e complica de novo a un mal Pontevedra (3-0)
Por Redacción |