O Cisne xuvenil fai historia ao meterse entre os catro mellores equipos de España
Por Redacción
Histórico. Así pode xa cualificarse o papel do equipo xuvenil do Club Cisne Balonmano na fase final do Campionato de España da categoría que se está celebrando en Granollers.
Os pontevedreses, co seu triunfo este venres ante o Club Balonmano Elche (30-23) clasificáronse matematicamente para as semifinais da competición, confirmándose entre os catro mellores equipos do país.
O Cisne iniciou a fase final vencendo o mércores a La Salle Córdoba (31-25), mentres que cederon na segunda xornada ante o máximo favorito ao título, o FC Barcelona (19-26). Sen embargo, coa vitoria na terceira e última xornada da fase de grupos alcanzou os 4 puntos, quedando fose do alcance tanto de La Salle como de Elchee.
Agora o equipo adestrado por José Manuel Chan pelexará este sábado por ir un paso máis lonxe, chegar á gran final do campionato nacional que se disputará o domingo 6 de maio.
Partidazo y victoria de nuestros juveniles ante el @cbm_elche por 30 a 23...¡Enhorabuena equipo, qué grandes sois! ¡Estamos en semifinalessss del #CDEJuvenilBM #VamosCisne pic.twitter.com/g6vZIEalH9
— ClubCisne Los Sauces (@ClubCisneBalonm) 4 de mayo de 2018
Relacionadas:
-
O Cisne cadete segue os pasos do equipo xuvenil e cóase entre os 8 mellores de España
Por Redacción |
-
O Cisne xuvenil, homenaxeado pola Federación Galega de Balonmán
Por Redacción |
-
Unha polémica arbitraxe condena o Cisne fronte a BM Nava (24-25)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Os xuvenís do Cisne tiran de épica para colgar o bronce no campionato de España
Por Redacción |
-
As habituais desconexións cústanlle a derrota ao Cisne en Gijón (30-25)
Por Redacción |
-
O Cisne xuvenil xogará a fase final do Campionato de España
Por Redacción |