Oito equipos clasifícanse para a fase final do 15º Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín "Cidade de Pontevedra"
Por Ramiro Espiño
De novo os campos de A Xunqueira viviron unha xornada festiva coa disputa da Fase Previa do 15º Torneo Internacional de Fútbol 7 Benxamín "Cidade de Pontevedra", que con tanto éxito vén organizando ano tras ano a Escola de Fútbol Portero 2000, con Manolo Sánchez e Rafa Sáez á cabeza dun entusiasta e amplo equipo de colaboradores.
Aproveitando a festividade do primeiro de maio, os organizadores volveron superarse a si mesmos, cunha posta en escena impecable e unha atención a todos os participantes absolutamente exemplar. ÿxito de público e fenomenal ambiente durante todo o día. Un total de 24 equipos en liza, en busca dunha das 8 prazas que daban a clasificación para a Fase Final a celebrar o 15 e 16 de Xuño, próximo.
Cos participantes distribuídos en 6 grupos de 4 equipos, os campións de cada grupo conseguían a clasificación directa, obxectivo, que lograron os equipos de AD Sagrado Corazón, Rápido de Bouzas, Pabellón CF, Arosa SC, Coruxo FC e Ponte Ourense SAD. A eles uníronse outros 2 tras a correspondente repesca nas eliminatorias xogadas polos Subcampions e mellores Terceros, obtendo a súa clasificación por esta vía a Victoria CF da Coruña e o Xuventude de Oroso.
Estes 8 equipos uniranse aos convidados: SL Benfica, FC Barcelona, FC Porto, Atlético de Madrid, RC Celta de Vigo, RC Deportivo Da coruña e ASC Tampa Brasov de Romanía, ao Salgueiriños CF, como equipo mellor clasificado dos domiciliados no Concello de Pontevedra e a EF Porteiro 2000 como club organizador do evento, quedando pendente unicamente un participante máis para completar o cadro final, integrado por 18 equipos, praza que os organizadores pretenden asignar o CD Lugo.