O Trofeo Concello de Cambados de kaiak de mar queda na casa
Por Redacción
O peirao de Santo Tomé en Cambados foi escenario este martes regata da Liga Galega de kaiak de mar da tempada, que contou con dominio local tanto na categoría masculina como na feminina.
O Club Piragüismo Cambados resultou gañador con 1.633 puntos, seguido a distancia polo Club Piragüismo Olívico (1.094 puntos) e o Club de Mar Ría de Aldán (843 puntos).
A competición daba comezo ás 16:00 da tarde coa saída ás categorías sénior, xuvenil e veterano. Unha hora e media máis tarde tomarían a saída as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares.
A nivel individual Artur Martins (Sporting de Portugal) foi o vencedor masculino superando a Jacobo García (EP Ciudad de Pontevedra) e a Miguel Pérez (Piragüismo Cambados), mentres que as tres mulleres mellor clasificadas foron María del Palacio (Piragüismo Olívico), Bruna Nickelle (Piragüismo Cambados) e Evangelina Vázquez (Piragüismo Cambados).
En canto á modalidade K2 Sprinter Sénior a vitoria levárona Bernardo Sánchez e Jesús Rodríguez (Club Fluvial O Barco), segundos chegaron os irmáns Borja e Aitor López (Piragüismo Olívico) e terceiros os padeeiros do Naval de Pontevedra Julio Fontán e Ivan Benavente.