O Galaico mantén a súa hexemonía na natación galega
Por Redacción
O Club Natación Galaico cumpriu a pasada fin de semana cun dos seus principais obxectivos da tempada, manterse como mellor equipo galego.
A entidade deportiva pontevedresa revalidou en Ourense o título de campión da Liga Galega da División de Honra, confirmando o dominio mostrado nas xornadas iniciais da competición.
O Galaico non deu lugar á sorpresa na fase final disputada na Piscina Rosario Dueñas, superando o club local, o Pabellón Ourense, e o Club do Mar.
Fóronlle peor as cousas ao Club Fluvial de Lugo e ao CN Portamiña, que tras a xornada definitiva foron os equipos que certificaron o seu descenso de categoría.
Relacionadas:
-
Carla Goyanes proclámase subcampioa nacional junior de augas abertas
Por Redacción |
-
O Natación Galaico leva o XIX Trofeo Amizade
Por Redacción |
-
O Natación Galaico e a Universidade de Vigo unen forzas
Por Redacción |
-
Marcos Castro, un exemplo de superación no Club Natación Galaico
Por Redacción |
-
A natación é cuestión de 'promesas'
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Nacional Infantil de Natación chega ao seu fin tras catro xornadas de emoción e valores en Rías do Sur
Por Redacción |