Volven os problemas para o Mapfre na Volvo Ocean Race
Por Redacción
Por segunda etapa consecutiva os problemas técnicos visitan á tripulación do Mapfre na Volvo Ocean Race.
A embarcación do Real Club Náutico de Sanxenxo comunicou este luns, en pleno ecuador da Etapa 8 da regata océanica entre Itajaí e Newport, que sofre problemas eléctricos que dificultan a súa navegación.
En concreto o desafío español viu como "os fusibles principais das baterías que conectan o barco explotaron, que é unha cousa que xa pasou antes da saída e a verdade é que non sabemos moi ben por que", explicou o capitán e proa Ñeti Cuervas-Mons.
Isto supón a perda de enerxía e por tanto de instrumentos de navegación como o PLC (o computador que move a quilla desde o posto do cana], o máis importante, unha antena satelital e algunhas cousas máis.
Trascrurridas as primeiras dúas horas desde o inicio desta situación, a tripulación conseguía poñer en marcha a bomba eléctrica ponteada cunha regleta e un interruptor, accionando así unhas válvulas da quilla manualmente o que lles permite usar a quilla coa bomba auxiliar eléctrica pero non co motor principal.
Esta solución permite arranxar o problema temporalmente pero a bordo recoñecen non lles deixa nunha situación ideal, xa que a partir de agora para accionar a quilla terá que estar un tripulante abaixo e ademais as manobras serán máis lentas e fráxiles.
A pesar de todos os obstáculos das últimas horas, o Mapfre no que viaxa a pontevedresa Támara Echegoyen mantense a pouco máis de 30 millas do liderado da etapa, sexto, e situado como o equipo máis ao leste da frota, esperando que esta aposta de resultados nos próximos días.
Relacionadas:
-
O Mapfre recupera o liderado da Volvo Ocean Race tras unha espectacular remontada en Newport
Por Redacción |
-
O Mapfre de Támara Echegoyen cede posicións na Etapa 8 da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
O Mapfre recobra a confianza no inicio da Etapa 8 da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
Ao Mapfre séguenlle saíndo as contas para pelexar pola vitoria na Volvo Ocean Race
Por Redacción |