Brais Simil vence na segunda edición do Gran Premio Cidade de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Brais Simil Pazos, do Club Ciclista Negreira, foi o vencedor da segunda edición do Gran Premio Ciclista Cidade de Pontevedra que se celebraba durante a tarde deste sábado polas rúas do centro urbano de Pontevedra, con saída da Praza de españa.
A segunda praza lográbaa Mateo González do Club Ciclista de Teis e a terceira posición foi para Aitor Rodríguez do Rosal.
A proba desenvolvíase sen que se rexistrasen incidencias, a pesar da ausencia de axentes da Policía Local no arranque da competición. Varias baixas de última hora provocaron esta ausencia. Esta situación encádrase nun momento conflitivo entre os representantes sindicais da Policía Local e o goberno municipal debido á negociación das melloras salariais para os integrantes do corpo policial.
Membros da organización e da agrupación de voluntarios de Protección Civil fixéronse cargo de garantir a seguridade ao longo de todo o percorrido.
Relacionadas:
-
Domingo de ciclismo na comarca co Trofeo Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Catorce policías "enferman" ao mesmo tempo en medio do conflito laboral co Concello
Por Alejandro Espiño |
-
A Policía Local monta un operativo de tráfico pola proba ciclista Rogelio Acuña
Por Redacción |
-
O Gran Premio Cidade de Pontevedra de ciclismo repite no calendario
Por Redacción & Paula Sanmartín |