O Mapfre de Támara Echegoyen cede posicións na Etapa 8 da Volvo Ocean Race
Por Redacción
As grandes nubes, chuvascos e encalmadas que atravesou o Mapfre nas últimas xornadas, nunha ruta marcada polo momento pola inestabilidade, fixéronlle perder fol na clasificación provisional da Etapa 8 da Volvo Ocean Race.
A embarcación do Real Club Náutico de Sanxenxo pasou de estar a poucas millas das primeiras posicións a ser sexto momentaneamente a 47,6 millas do Turn The Tide on Plastic, que lidera a frota.
O Vestas marcha segundo (+11,6 millas) e o Dongfeng, principal rival dos españois na xeral, é terceiro (+21,9 millas), cando restaban aínda 4.000 millas de percorrido ata a localidade estadounidense de Newport, segundo o parte de posicións feito público ás 15:00 horas deste venres.
"Veremos, hai moito xogo, moitas nubes que vemos por diante e máis que virán, así que toca paciencia e volver empezar e empezar, porque isto vai ser así durante varios días", declarou desde o barco a pontevedresa Támara Echegoyen.
Precisamente esa distancia ata a meta mantén a esperanza no Mapfre de escalar posicións sen renunciar aínda a nada na etapa.
Relacionadas:
-
O Mapfre recupera o liderado da Volvo Ocean Race tras unha espectacular remontada en Newport
Por Redacción |
-
Volven os problemas para o Mapfre na Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
O Mapfre recobra a confianza no inicio da Etapa 8 da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
Ao Mapfre séguenlle saíndo as contas para pelexar pola vitoria na Volvo Ocean Race
Por Redacción |