11 combates de boxeo e Kick Boxing compoñen a sexta velada da Asociación Boxeo Pontevedra
Por Diego Espiño
O éxito de público nas anteriores veladas promovidas pola Asociación Boxeo Pontevedra (ABP) animan aos seus impulsores a seguir organizando citas en busca de captar novos afeccionados.
A ABP ultima agora os preparativos da que será a súa sexta velada na cidade, prevista para o próximo venres 10 de maio no Pavillón Universitario, cun cartel composto por 11 combates de boxeo e kick boxing, nos que se inclúen as finais do Campionato Galego de Muay Thai, clasificatorio para o Campionato de España.
Dende a ABP, o seu presidente José Manuel Santiago espera lograr un apoio e unha asistencia similiar ás das anteriores ocasións, "estamos teniendo una afluencia de público de más de 500 personas, el público está respondiendo. Este deporte es carísimo, hace falta ambulancia o cronometraje, se le paga a todos los competidores y rondamos los 4.400 euros en cada organización, por lo que es algo importante".
Para compensar ese esforzo económico, as entradas fixáronse nun prezo de 7 euros anticipada e 9 no pavillón. Por ese prezo os asistentes poderán gozar de dous combates de boxeo neo profesionais, cinco de boxeo olímpico e catro de kick boxing.
Paralelamente coas reunións, a Asociación Boxeo Pontevedra ten comezado a traballar na expansión destas modalidades deportivas empezando polos máis pequenos, como recoñece José Manuel Santiago, "estamos trabajando en las escuelas deportivas con clases de 20 o 30 niños dando a conocer el kick boxing. La gente piensa que es violento pero para nada, antes de los 11 años no se les permite combatir con contacto ninguno, se le llama 'no contact'".
As entradas para o evento poden adquirirse en ABPontevedra, Fogar dos Martínez, Bar Don José, La Vieja Escuela (Vigo) e Mats (Marín).