O Gran Premio Cidade de Pontevedra de ciclismo repite no calendario
Por Redacción & Paula Sanmartín
O vindeiro sábado 28 de abril o centro da cidade converterase nun gran circuíto de ciclismo coa segunda edición do Gran Premio Rogelio Acuña Cidade de Pontevedra.
Preto de 400 deportistas participarán nun evento que contará cun circuíto de 1,7 quilómetros polas rúas da Boa Vila con saída e chegada na Praza de España.
A partir das 16:00 horas da tarde competirán no criterium as diferentes categorías, desde as escolas deportivas pasando por cadetes, xuvenís e elite e sub-23.
O II Gran Premio Cidade de Pontevedra foi presentado este mércores no Concello de Pontevedra coa presenza da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e Abel Farto, responsable do Club Ciclista Farto como principal responsable do evento.