Unha rotura de fibras fai perigar o concurso de Darío Flores no tramo final da liga
Por Diego Espiño
Malas noticias para o Pontevedra Club de Fútbol, que segue sen conseguir baleirar a súa enfermería na fase decisiva da tempada. Un dos futbolistas que se fixo un oco no equipo tras a súa chegada no mercado invernal, Darío Flores, podería non volver xogar no que resta de liga. A culpa, unha "pequena rotura" muscular.
O central uruguaio retirouse lesionado no choque do pasado domingo en Valladolid, e tras ser sometido a valoración por parte dos servizos médicos detectouse unha rotura fibrilar na súa perna esquerda, segundo confirma o club granate.
En todo caso desde a entidade non o dan por descartado para o duelo do próximo domingo (18:00 horas) en Segovia, pendentes da evolución que experimente durante os próximos días.
Nese estado, pendente da súa evolución, está tamén Adrián León ao non conseguir deixar atrás as molestias nun xemelgo que lle deixaron fóra das últimas convocatorias do equipo, mentres que Jimmy xa espera poder completar a semana ao mesmo ritmo que os seus compañeiros.
ÁLEX GONZÁLEZ EXPONSE A UNHA SANCIÓN DE DOUS PARTIDOS
Outras noticia negativa para Luismi está na sanción á que se expón Álex González tras a súa expulsión por dobre cartón amarelo nos últimos minutos do encontro ante o Valladolid B. A expulsión en si só supoñerá un partido de suspensión, pero a redacción que realizou o árbitro do partido no acta pode traer complicacións para o futbolista.
O vasco Aimar Velasco Arbaiza reflectiu no acta que xogador "tras ser expulsado, presenciou o partido desde a entrada do túnel que dá acceso aos vestiarios", o que podería supoñer outro encontro de suspensión e faría que perdese as dúas próximas xornadas (Segoviana e Unión Adarve) estando só dispoñible para o técnico na data definitiva da liga regular ante o Atlético B.
HORARIO UNIFICADO PARA A ÚLTIMA XORNADA DE LIGA
A Real Federación Española de Fútbol anunciou a unificación da última xornada de liga para os encontros da Segunda División B nos que haxa algo en xogo, caso no podería atoparse o Pontevedra ou o seu rival. De ser así o choque a domicilio ante o Atlético de Madrid B xogaríase o domingo 13 de maio ás 18:00 horas.
Relacionadas:
-
A Gimnástica Segoviana saca as vergoñas e complica de novo a un mal Pontevedra (3-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra espera un partido de "mucha presión" en Segovia
Por Diego Espiño |
-
A derrota do Toledo no seu partido aprazado despexa un pouco máis o panorama do Pontevedra
Por Redacción |
-
Competición confirma unha sanción de dous encontros a Álex Gonzaléz
Por Diego Espiño |
-
Sufrimento con final feliz para o Pontevedra en Valladolid (1-2)
Por Redacción |