VÍDEO.- A cuarta edición da Gladiator Race supera o milleiro de inscritos
Por Redacción
A Gladiator Race de Pontevedra contará unha vez máis, na que será a súa cuarta edición, cunha alta participación.
Así o reflicte a cifra de inscrición que fixo pública a organización, xa que a máis dun mes para a súa celebración (2 de xuño na contorna da Illa dás Esculturas) máis de un milleiro de persoas formalizaron a súa inscrición.
Desa cifra, o 43% dos anotados son mulleres, con deportistas procedentes de 12 comunidades autónomas e de Portugal.
Como en anteriores edicións na carreira de obstáculos poderase participar, de forma individual ou en equipos de ata 5 compoñentes, na categoría Warrior (11 quilómetros con 30 obstáculos) cun límite de 900 participantes, a categoría Rocket (6 quilómetros e 20 dificultades) con 660 prazas dispoñibles, e na versión infantil, a Gladiator Kids.
As inscricións aínda poden formalizarse a través da web www.championchipnorte.com e a propia páxina do evento www.gladiatorace.es.
Relacionadas:
-
Os gladiadores pontevedreses poden con todo
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
Todo a punto para a invasión de case 2.000 gladiadores
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
A Gladiator Race, preparada para dar batalla na Illa das Esculturas
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- A Gladiator Race anuncia a apertura de inscricións para a súa cuarta edición en Pontevedra
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Participaches na Gladiator Race? Gustarache o vídeo oficial da proba
Por Redacción |
-
Máis de dous mil guerreiros invaden a Illa das Esculturas nunha espectacular Gladiator Race
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |