Seguir sumando, única receita do Pontevedra para achegarse á permanencia
Por Diego Espiño
Catro partidos, catro finais. Así plantexa o Pontevedra o tramo final da competición, no que só vale seguir sumando para escapar do descenso, empezando polo duelo ante un rival directo como o Valladolid B (domingo, 11:30 horas nos anexos de Zorrilla).
Os granates visitan a un dos conxuntos máis en forma da competición, que acumula 12 xornadas sen perder e que "lo está haciendo muy bien", recoñece Luismi, pero prometen batalla aproveitando que "también estamos en buen momento".
O técnico centrou parte do traballo da semana en como frear as rápidas transicións que caracterizan ao filial valisoletano, para o que "tras pérdida hay que estar con buenas vigilancias, que el Valladolid no pueda correr y sea un equipo que esté incómodo".
Con ese plan, atentos ao potencial do Valladolid, pero sen descoidar as tarefas ofensivas, para as que o adestrador pontevedrés recupera a un dos seus puntais como é Álex González tras a súa sanción.
O partido xogarase nun campo de céspede artificial e en horario matinal, pero iso xa non asusta ao equipo. "Ahora entrenamos por la mañana y el sintético es igual al nuestro o incluso mejor, no hay excusa", sinala Luismi.
O encontro nos anexos de Zorrilla será arbitrado polo colexiado vasco Aimar Velasco Arbaiza
VIAXE DE AFECCIONADOS
O Pontevedra non estará só en Valladolid, xa que ademais dos seguidores que teñen previsto desprazarse en coches particulares viaxará un autocar organizado polo propio club e que partirá ás 5:00 horas da madrugada do mesmo domingo.
Tras atopar un patrocinador para esta viaxe, o Pontevedra anunciou que se reduce o seu prezo a 20 euros (eran 30 inicialmente) contando coa entrada do encontro, e ademais o que acompañen con esta opción aos granates en Valladolid terán dereito a viaxar a custo cero a próxima semana a Segovia.
Relacionadas:
-
Sufrimento con final feliz para o Pontevedra en Valladolid (1-2)
Por Redacción |
-
Luismi apúntase ao 'cholismo' para afrontar o último mes de competición
Por Diego Espiño |
-
A transformación do Valladolid B, próximo rival do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A responsabilidade atenaza o Pontevedra fronte a un Guijuelo que perdoa (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |