O Froiz quere achegarse ao amarelo da Copa España no Memorial Pascual Momparler
Por Redacción
A Copa de España Elite e Sub-23 de ciclismo en estrada entra na súa fase máis decisiva e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz quere situarse entre os aspirantes para conquistar a coroa.
Tras o seu segundo posto en Xaén, Sergio Vega chega ao Memorial Pascual Momparler do próximo domingo 22 de abril na sétima posición da xeral a menos de 100 puntos do líder, Antonio Soto (384 puntos), tendo por diante una das probas máis esixentes do calendario.
A sexta cita puntuable da Copa de España caracterízase por un duro percorrido de 163 quilómetros e catro ascensións como o Alto Calderón, Campello, Cumbres de Valencia e Santa Ana, un terreo que gusta á escuadra alimenticia.
A carreira promete romper de lonxe coa presenza a metade de trazado do Campello, unha parede de pouco máis de 2 quilómetros cunha pendente media do 11%. Tras o seu descenso espera Cumbres de Valencia, que cos seus 6,6 quilómetros ao 6,2% está chamado a situar aos máis fortes á fronte a falta de 80 quilómetros para a conclusión, aínda que todo poderá pasar ata a subida a Santa Ana, unha última oportunidade para os escaladores con 2,8 quilómetros ao 5,3% a algo máis de 20 km do arco de meta.
O Froiz por tanto deberá empregarse a fondo para manter as súas opcións, cun equipo que encabeza o citado Sergio Vega, acompañado por: Diego Noriega, Diego González, Ander del Castaño, Aarón Mariño, Guillermo García e Abel Franco.
No Memorial Pascual Momparler, que se disputa na localidade de Villanueva de Castellón, tomarán a saída os 21 equipos habituais da Copa de España Elite e Sub-23, ademais dos invitados Tenerife-Bike Point, Ginestar-ULB e Bennicasim.
Relacionadas:
-
Sergio Vega sobe posicións na xeral da Copa España tras ser segundo en Torredonjimeno
Por Redacción |
-
Xornadas de probas biomecánicas no Froiz
Por Redacción |
-
Iván Martínez logra en Zamora a primeira vitoria da tempada para o Froiz
Por Redacción |
-
Sergio Vega, noveno no Trofeo Guerrita, confírmase como primeira opción do Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Un ciclista do Froiz sofre mentres adestraba o seu segundo atropelo en seis meses
Por Diego Espiño |