Luismi apúntase ao 'cholismo' para afrontar o último mes de competición
Por Diego Espiño
Un mes quédalle ao Pontevedra para finalizar a liga, catro partidos nos que xogará a súa permanencia na Segunda División B. Con tan pouco por diante, e con só un punto de vantaxe sobre o play-out e tres sobre o descenso, é inevitable botar contas. Para todos menos para Luismi, polo menos publicamente.
O técnico granate apela á filosofía que popularizou o Cholo Simeone, adestrador do Atlético de Madrid, sinalando que "hay que ir partido a partido".
Iso é o que mellor lle vén, defende, ao equipo para evitar unha presión execesiva, máis se cabe tendo en conta que tres das catro xornadas que restan disputaraas a domicilio. Pero para o preparador só importa o que sucederá o vindeiro domingo (11:30 horas) no campo dun rival directo como é o Valladolid B.
Luismi: "Cuentas echas, pero lo que tienes es que ganar tú porque sino no vale de nada"
"Yo creo que hay que sumar, cuantos más puntos mejor, pero en lo que hay que centrarse es en sacar el partido de Valladolid", declarou este mércores Luismi en sala de prensa sen querer revelar os números que pasan pola súa cabeza e a dos xogadores. "Cuentas echas, pero lo que tienes es que ganar tú porque sino no vale de nada que las eches", asegura aludindo ademais aos enfrontamentos directos entre outros aspirantes á permanencia durante estas últimas semanas.
Centrándose exclusivamente no próximo rival será importante "aprovechar el momento en el que estamos fuera de casa", coa moral que deu o triunfo en Navalcarnero e as últimas viaxes en Copa Federación, xa que fronte a eles estará un filial valisoletano no seu mellor momento que "está encajando pocos goles y en las transiciones hacen mucho daño".
A boa noticia para o adestrador granate chega na recuperación de futbolistas, xa que tras a xornada de descanso do martes Adrián León incorporouse ao traballo de grupo este mércores e apunta ao choque do domingo nos anexos de Zorrilla, mentres que con Nacho López "las sensaciones son muy buenas".
Relacionadas:
-
Sufrimento con final feliz para o Pontevedra en Valladolid (1-2)
Por Redacción |
-
Seguir sumando, única receita do Pontevedra para achegarse á permanencia
Por Diego Espiño |
-
A transformación do Valladolid B, próximo rival do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A responsabilidade atenaza o Pontevedra fronte a un Guijuelo que perdoa (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |