Dominio local no Galego de Novas Promesas celebrado no Lérez
Por Redacción
A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra foi un dos grandes dominadores do Campionato Galego de Inverno de Novas Promesas xunto ao Náutico de Pontecesures. Máis de 500 deportistas de 39 equipos competiron durante o domingo en augas do río Lérez, sobre a distancia de 5.000 e 3.000 metros.
Na categoría cadete masculina o podio foi para a E.P. Ciudad de Pontevedra seguido do Náutico Pontecesures e terceiro o Piragüismo Portonovo. Polo que respecta á categoría feminina o equipo pontevedrés repetiría vitoria, por diante do Náutico Pontecesures e o Piragüismo Rías Baixas.
As cousas cambiaban na categoría infantil, co Naútico Pontecesures levándose o primeiro premio na categoría masculina, completando o podio o Náutico Firrete e o Piragüismo Portonovo. Pola súa banda en mulleres o Naútico Pontecesures foi o primeiro seguido polo Náutico Firrete e o Club As Torres.
A nivel individual na categoría cadete kaiak Antonio Moraña (Piragüismo Portonovo) foi o primeiro en cruzar a liña de meta, en segundo e terceiro lugar chegaron Miguel Paz (Piragüismo Verducido) e Rubén De Diego (Ría de Betanzos). A kaiakista Alejandra Manso (E. P. Ciudad de Pontevedra) gañou a súa regata despois dun longo sprint con Lúa Cubiella (O Muiño) e Candela Fernández (Kayak Tudense) segunda e terceira respectivamente. Raúl Estevez (Náutico Rodeira) alcanzou a primeira praza na modalidade de canoa, secundado por çAngel Fuego (Piragüismo Poio) e Martín Jácome (E. P. Ciudad de Pontevedra). As canoístas da E.P. Ciudad de Pontevedra Ángela Jorge e Nuria Rodiño levaron o ouro e o bronce, mentres que Nuria Rodiño (Piragüismo Rías Baixas) conseguiu a prata.
Polo que respecta á categoría Infantil B Ánxela Fontán do Piragüismo Verducido conseguiu a primeira posición en muller kaiak, seguíronlle Avril Freire (Piragüismo Cambados) e Laura Ríos (Náutico Pontecesures). En kaiak masculino Mario Santos (Náutico Pontecesures) conseguiu un apertado triunfo fronte aos seus inmediatos perseguidores David Pazos (Piragüismo Verducido) e Martín López (Piragüismo Narón). Na modalidade de canoa Manuel Fraga (E. P. Ciudad de Pontevedra) levou a vitoria, sendo a medalla de prata para Pedro Torrado (As Torres) e a de bronce para Pedro Aboal (Piragüismo Poio). En mulleres as tres primeiras prazas ocupáronas María Rodríguez (Piragüismo Poio), Uxía Álvarez (Ría de Aldán) e Silvia Calvo (Náutico Firrete).
Por último, os distintos vencedores da categoría infantil A foron: En mulleres kaiak Andrea García (Cabanas KDM), seguida por Carmen Devesa (Breogán) e Iciar Lorenzo (Náutico Pontecesures), mentres que Anxo García (Piragüismo Verducido) gañaba a proba masculina cunha ampla vantaxe sobre o segundo clasificado Aarón Giadás (Náutico Pontecesures), o terceiro en discordia foi Mauro Domínguez (Piragüismo Rianxo). Pola contra na modalidade de canoa o primeiro clasificado foi o padeeiro Mauro Pardavila (Náutico Rodeira), o segundo posto levouno David Bautista (E. P. Ciudad de Pontevedra) sendo terceiro Pablo Sopkowski (As Torres). As irmás Valeria e Yolanda Oliveira (Breogán) terminaron a súa regata en primeira e terceira posición mentres que Lucía Graña (E.P. Ciudad de Pontevedra) cruzou a liña de chegada en segundo lugar.
Relacionadas:
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo fanse coa praza para o Europeo de Belgrado
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra, segunda no medalleiro do Nacional de Novas Promesas
Por Redacción |
-
Os clubs náuticos da provincia seguirán contando con medio millón de euros da Deputación
Por Redacción |
-
Notables resultados para o piragüismo pontevedrés na Copa de España en Avilés
Por Redacción |