O Cisne xuvenil xogará a fase final do Campionato de España
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán está de parabéns despois de coar ao seu equipo xuvenil masculino entre os 8 mellores de España.
O conxunto pontevedrés celebrou ao grande ante os seus o triunfo no sector nacional celebrado durante a fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Alí o Cisne arrincou a competición vencendo ao San José Obrero Lanzarote (32-26) e repetiu ante o Gijón Jovellanos na segunda xornada (30-18) para xogar o liderado e a clasificación no último e definitivo duelo.
O BM Sanse chegaba tamén con pleno de triunfos ao encontro definitivo, polo que quen gañase facíase coa praza para a fase final. Foi o Cisne (27-23) nun emocionante choque que completou unha fin de semana redondo.
Agora o equipo pontevedrés pelexará por proclamarse mellor equipo xuvenil de España na fase final que se celebrará entre o 2 e o 6 de maio e á que tamén accederon Granollers, Atlético Valladolid, FC Barcelona, La Salle, BM Madrid, Elche e Agustinos Alicante.
Palabras descoñecidasCopiar