A piragüista pontevedresa Antía Otero, clasificada para os Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción
Misión cumprida. Antía Otero estará o próximo mes de outubro nos Xogos Olímpicos da Mocidade que se celebrarán en Bos Aires, Arxentina, despois de certificar a súa clasificación este domingo na Canal Olimpíc de Catalunya, en Castelldefels.
A padexeira da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra conseguiu unha das 58 prazas (29 homes e 29 mulleres) en xogo para a prestixiosa competición na fase clasificatoria internacional.
Otero mantívose nas primeira posicións do C-1 tras as eliminatorias de 'head to head sprint', e se matuvo entre as mellores na proba de slalom.
Ademais da pontevedresa, tamén logrou certificar a súa clasificación o galego Yoel Becerra en C-1 (Real Club Náutico de Cangas) e o murciano Francisco Sánchez Palacios en K-1.
"Ahora la federación, y en función de su calendario académico, diseñaremos un pequeño programa deportivo para poder preparar bien los Juegos Olímpicos de la Juventud de Buenos Aires del mes de octubre", sinalou o director técnico da Real Federación Española de Piragüismo, Narciso Suárez.
Relacionadas:
-
Antía Otero, ilusionada e "un poco nerviosa" ante o reto dos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Diego Espiño |
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo fanse coa praza para o Europeo de Belgrado
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra, segunda no medalleiro do Nacional de Novas Promesas
Por Redacción |
-
A padexeira pontevedresa Antía Otero, a un paso dos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Diego Espiño |