Que a festa continúe ante o Guijuelo
Por Diego Espiño
Poucos podían pensar hai cinco xornadas que o Pontevedra podía superar o Guijuelo na táboa e metelo de cheo na pelexa pola permanencia, pero é o que sucederá este domingo (17:00 horas) se os granates vencen no Estadio Municipal de Pasarón.
Neste tempo o equipo pontevedrés sumou 8 puntos, coas dúas últimas vitorias consecutivas na liga, mentres que o conxunto salmantino encadeou cinco derrotas que lle fan estar con só 2 puntos de vantaxe non só sobre os granates senón sobre os postos de descenso.
"Ganando el domingo daríamos un paso de gigante hacia la salvación", recoñece Luismi sinalando que "nos tenemos que aprovechar" da inercia positiva que supuxeron os últimos triunfos en liga e a vitoria na final de Copa Federación.
Aínda que o choque copeiro deixou a varios futbolistas entre algodóns como Prosi, Jorge Hernández ou David Castro, a enerxía que otorgou o título pode máis nun equipo no que a "cara del futbolista es otra", asegura o técnico.
A pesar diso Luismi quere evitar a euforia e o optimismo excesivo consciente de que "hemos dado un paso pero queda otro grande" para asegurar a continuidade na Segunda División B.
Ademais dos xogadores mencionados con problemas físicos, tamén chega tocado ao partido ante o Guijuelo Adrián León, mentres que Nacho López e Jimmy mantéñense á marxe do equipo por lesión e Álex González, un dos futbolistas máis en forma do equipo, perde o duelo por sanción.
O Guijuelo pola súa banda chegará á Boa Vila sen o defensor Raúl Ruíz e o dianteiro Nacho Pérez, ambos os dous tamén castigados cun encontro de suspensión.
O colexiado do choque, no que o Pontevedra manterá precios populares, será o madrileño Miguel Ángel Ortiz Arias.
Relacionadas:
-
A responsabilidade atenaza o Pontevedra fronte a un Guijuelo que perdoa (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Campións! O Pontevedra fai valer a renda e conquista a súa segunda Copa Federación ante Ontinyent (0-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra rompe en Navalcarnero o seu maleficio como visitante para saír do descenso (0-2)
Por Redacción |