O Teucro, preparado para "dar batalla" en Valladolid
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro busca este sábado (20:00 horas) na pista do Atlético Valladolid dous puntos que poden supoñer a súa permanencia na máxima categoría.
Os azuis, tras a derrota do mércores ante o Logroño, queren aprender dos seus erros ente un conxunto que "se parece mucho" ao seu último rival, avisa Quique Domínguez, grazas sobre todo ao "ritmo muy alto que ponen de juego y en su manera de defender".
Os valisoletanos, agora baixo a dirección de David Pisonero sacan moito proveito das transicións rápidas, polo que os pontevedreses deberán minimizar as perdas en ataque para ter opcións.
"Seguimos con algunos problemas en forma de enfermedades y en forma de pequeñas afecciones pero el equipo estará preparado en Valladolid para dar batalla", asegura o técnico teucrista, cuxa única baixa segura por lesión é a Rial tras a volta de Óscar Silva esta mesma ás pistas de xogo.
O Atlético Valladolid pola súa banda, xa salvado matematicamente, asegura que non se relaxará ata final de tempada e contará para a cita coa baixa de Roberto Pérez.