David Broncano "felicita" ao campión da Copa Federación... "Roelio"
Por Alejandro Espiño
"Roelio" está a converterse en toda unha estrela televisiva. A mascota do Pontevedra CF volveu a ser protagonista no programa La Resistencia, que presenta o cómico David Broncano en #0, a canle de Movistar Plus.
Fíxoo tras o triunfo do club granate na Copa Federación tras derrotar ao Ontiyent.
Este logro deportivo non pasou desapercibido para o presentador do programa, que cualificou de "determinante" a participación de 'Roelio' no partido, bromeando con que estaba "acazapado" na banda.
"Non sabemos se está a animar ou pedindo que alguén lle dispare", dixo Broncano entre as risas do público.
As burlas cara 'Roelio' continuaron cando, emitindo imaxes da celebración do triunfo sobre o céspede de Pasarón, o cómico afirmaba que os xogadores granates apartábanse del "por se é contaxioso".
Tras poñer en pé ao público, David Broncano felicitou ao Pontevedra polo seu título de Copa Federación e soou un anaco do himno do club, que el mesmo cantou sen demasiada entoación a pesar de que a letra se reflectía en pantalla a modo de karaoke.
Iso si, antes ironizou co feito de que a Copa Federación "é a copa dos que non xogan a copa", engadido que o Pontevedra é "o winner dos losers" e que "parecerá unha merda, pero o Madrid non ten esta copa. Cristiano, in your face".
Broncano engadiu que este era "o maior logro da cidade de Pontevedra desde o rapaz que lle deu unha ostia a Rajoy" e lembrou que ao equipo non lle vai moi ben na liga e para reservarse xogou cos suplentes. "É a estratexia de aquí están os meus ovos", dixo.
A sorpresa chegou cando un particular 'Roelio' presentouse no estudio do programa. Fíxoo para recoller un trofeo da man do propio Broncano.
Non perdas o momento que se viviu onte á noite en La Resistencia.
¡¡VAMOS, ROELIO!! ¡VIVA EL PONTEVEDRA! #LaResistencia pic.twitter.com/fFg6BN2Lrg
— La Resistencia #0 (@LaResistencia) 12 de abril de 2018
Relacionadas:
-
Roelio volve a Pasarón polo Nadal para un brinde copeiro
Por Manu Otero |
-
El Intermedio de La Sexta acórdase de Roelio: "La mascota del Pontevedra y de nuestros corazones"
Por Diego Espiño |
-
A responsabilidade atenaza o Pontevedra fronte a un Guijuelo que perdoa (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Campións! O Pontevedra fai valer a renda e conquista a súa segunda Copa Federación ante Ontinyent (0-0)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
David Broncano trae a súa "vida moderna" a Pontevedra, xunto a Ignatius Farray e Quequé
Por Redacción & Diego Torrado |
-
David Broncano segue a burlarse de Roelio: agora decide lanzalo en globo como "basura espacial"
Por Noelia Torres Pintos |
-
O humorista David Broncano 'cébase' con Roelio na televisión nacional
Por Redacción |