O Open BTT Concello de Poio reinvéntase na súa décima edición
Por Diego Espiño
A elite autonómica do ciclismo BTT federado ten unha cita este sábado 14 de abril en Samieira, onde se celebrará o X Open BTT Concello de Poio na modalidade de Cros Country Olímpico ( XCO).
A proba servirá nesta ocasión para abrir a tempada na Copa Galicia da especialidade.
Tras 10 anos, o Club Ciclismo Tríatlon Poio decidiu dar un xiro á carreira e por iso renovou o seu circuíto, que pasará a contar con 6,2 quilómetros, "para acercarlo al gran público, con un tramo bordeando el campo de fútbol", sinalou na presentación o presidente do club, Carlos Sánchez.
"Vai a congregar o mellor do BTT galego", completou á súa vez a concelleira de Deportes, Marga Caldas.
A competición iniciarase ás 16:30 horas coas carreiras cadete, junior e máster, mentres ás 18:00 horas darase a saída nas inmediacións do campo de fútbol de Samieira ás categorías elite e sub-23.