O Leis gaña a O Esteo e sela a permanencia en Segunda B
Por Redacción
O Leis Pontevedra seguirá un ano máis na categoría de bronce do fútbol sala nacional, despois de asegurar a permanencia matemática goleando no Municipal a O Esteo (6-2).
O equipo dirixido por Manu Cossío dominou de principio a fin, comezando con moita intensidade e acerto cara o gol. De feito aos seis minutos xa mandaban por 2 a 0 grazas aos goles de Pablo e Berto.
Sancho redondeaba un 3-0 ao tempo de descanso que era un reflexo claro do que sucedía na pista do Municipal.
Todo seguiu igual na segunda parte, co mesmo guión, e bastaron dous minutos para practicamente sentenciar por medio de Barcala e Borja.
Con todo perdido o cadro visitante lanzouse á desesperada co xogo de cinco, e aínda que chegou a anotar en dúas ocasións o triunfo perigouno para un serio Leis, que aínda conseguiría o sexto obra de Mauro, a falta de dous minutos para o final.