A natación é cuestión de 'promesas'
Por Redacción & Diego Torrado
A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños foi escenario durante a xornada do sábado do XIII Trofeo Internacional Promesas do Lérez.
A competición, consolidada no calendario autonómico, disputouse no medio dun ambiente festivo, con gran presenza de público nas bancadas da instalación pontevedresa.
Ata 409 nadadores e nadadoras das categorías prebenxamín, benxamín e alevín déronse cita no trofeo, no que participaron 17 clubs, 16 deles galegos e un chegado desde Portugal.
Despois de ver as evolucións das promesas da natación autonómica en 33 probas ao longo da xornada, o vencedor final foi o equipo local, o Club Natación Galaico, ao superar na clasificación o Pabellón Ourense e o Portamiña de Lugo, segundo e terceiro respectivamente.
O Trofeo Promesas do Lérez trata de outorgar experiencia competitiva aos mozos nadadores cun formato similar ao dun Campionato de España, en piscina de 50 metros e con cronometraxe electrónica, para a súa posible participación en torneos de ámbito nacional.
Relacionadas:
-
O Galaico mantén a súa hexemonía na natación galega
Por Redacción |
-
Marcos Castro, un exemplo de superación no Club Natación Galaico
Por Redacción |
-
Águeda Cons roza o podio na súa estrea no Campionato de España Open
Por Redacción |
-
Águeda Cons, ao asalto das mínimas para o Campionato de Europa
Por Diego Espiño |
-
O Nacional Infantil de Natación chega ao seu fin tras catro xornadas de emoción e valores en Rías do Sur
Por Redacción |