Os nenos ingresados no Hospital Provincial reciben a visita dos xogadores do Pontevedra
Por Redacción
Os nenos e nenas que se atopan ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra recibiron este venres unha visita especial, a de varios xogadores do primeiro plantel do Pontevedra Club de Fútbol.
Ata o Hospital Provincial, onde se atopa o servizo de pediatría, achegáronse Edu Sousa, Nacho, Éder, Mouriño e Álex Fernández, acompañados do conselleiro responsable da área deportiva, Roberto Feáns, antes de afrontar o adestramento matinal.
Os futbolistas compartiron experiencias cos pequenos, asinaron autógrafos e tomaron fotos con eles. Ademais repartiron entre as nenas e nenos adhesivos e globos do club.
A visita do Pontevedra Club de Fútbol enmárcase dentro da celebración do Día Mundial da Actividade Física por parte do complexo hospitalario.
Relacionadas:
-
O Pontevedra rompe en Navalcarnero o seu maleficio como visitante para saír do descenso (0-2)
Por Redacción |
-
Fóra da casa, herba sintética, horario matinal... "ahora ya no hay excusas" para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Jimmy e o seu calvario coas lesións
Por Diego Espiño |
-
Álex González pon en vantaxe o Pontevedra na final da Copa Federación (0-1)
Por Redacción |
-
Seis xornadas de infarto para tentar evitar o descenso a Terceira División
Por Diego Espiño |