Gran papel da Gimnástica na primeira xornada da División de Honra disputada en Aranjuez
Por Redacción
As baixas facían pensar nunha complicada primeira xornada da División de Honra para a Sociedad Gimnástica, enmarcada dentro do Grupo C da competición ante rivais do talle do Marathon de Madrid, Tenerife CajaCanarias e Universidad de Burgos, pero contra prognóstico os atletas do club pontevedrés concluíron o día nunha meritoria segunda posición.
A cita de Aranjuez adxudicoulla Marathon con 224 puntos, seguido da Gimnástica con 162, Tenerife con 155 e Burgos con 144.
En total o equipo lerezano sumou cinco vitorias parciais con Ignacio Sarmiento nos 400 metros valos, Víctor Gallego no lanzamento de disco, Alberto Salcedo nos 200 metros, Marc Tur nos cinco quilómetros marcha e Alfonso Palomanes no triplo salto.
Con este segundo posto a Gimnástica colócase oitava na clasificación provisional da División de Honra, posto que deberá defender na segunda xornada (18 de maio nunha sede aínda por designar) se quere asegurar a súa permanencia na máxima categoría un ano máis e optar ao título na final do 8 de xuño.
Relacionadas:
-
Segunda xornada de División de Honra para unha Gimnástica que busca meterse na final polo título
Por Redacción |
-
Pablo Díaz, director técnico da Gimnástica: "Temos claro que somos un equipo modesto, moi competitivo pero modesto"
Por Redacción |
-
Barcelona, Unicaja Jaén e Caja de Burgos, rivais da Gimnástica na segunda xornada de División de Honra
Por Redacción |
-
Aranjuez, primeira cita da Gimnástica na súa sétima temporada consecutiva na División de Honra de atletismo
Por Alejandro Espiño |