E para rematar outra derrota máis. Triste despedida ligueira do Cisne que perde (29-28) na Coruña fronte ao OAR
Por Redacción
Que a liga se lle fixo longa ao Cisne é unha evidencia dende hai bastantes xornadas. Que o equipo baixou notablemente os brazos dende que certificou a permanencia, tamén. Afortunadamente o triste deambular do equipo que dirixe Milucho Pintos rematou, e fíxoo cunha nova derrota fronte a un rival en teoría moi inferior.
O partido foi moi igualado. Os pontevedreses puideron romper ese refacho negativo e polo menos rematar a liga con mellor sabor de boca, pois chegaron aos últimos cinco minutos cunha vantaxe de dous goles, pero un parcial de 4-1 favorable aos coruñeses daría a volta ao marcador.
CONSLAR OAR CORUÿA (29): Christian, Casero, Santos, Canedo (8), Pedro (8), Dacosta (2), Couceiro (2), Ángel (1), Joel (1), Fabián (6) e Picado (1).
CLUB CISNE (28): Pablo Galán, Pablo Domínguez (7), Álex Chan (4), Pablo Picallo (1), Andrés Sánchez (2), Martín Iglesias (4), Alberto Casares, Javi Vázquez (1), Edu Covelo (2), Miguel Simón, Cuenca, Dani Puente (1) e Adrián Freiría (6).
Árbitros: Pablo Castellanos e Luis Vázquez (Castela e León). Excluíron por dous minutos a Couceiro, Fabián, Joel, Pablo Domínguez, Álex Chan, Andrés Sánchez, Edu Covelo (2) e Miguel Simón (3, descualificado).
Marcador (cada cinco minutos): 1-2, 2-5, 7-5, 8-10, 10-12, 14-14 (descanso), 17-17, 20-20, 21-20, 23-24, 25-27 29-28 (final).
Incidencias: Pavillón de San Francisco Javier (A Coruña). 200 espectadores.