Portas abertas no Municipal para os adestramentos da Selección Española de fútbol sala
Por Diego Espiño
Os afeccionados ao fútbol sala están de parabéns, xa que poderán gozar da actual subcampioa de Europa non só durante o partido amigable que lles enfrontará a Finlandia o vindeiro luns 2 de abril (19:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes.
A concentración que a Selección Española Absoluta protagonizará en Galicia durante catro días arrincará o domingo día 1 na Boa Vila, e farao ademais con portas abertas no pavillón pontevedrés.
Así o anunciou o seleccionador nacional, José Venancio, na presentación oficial do encontro entre España e Finlandia desenvolvida no Concello de Pontevedra con presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, ou o presidente do Comité Nacional de Fútbol sala, Pedro Rocha, entre outros.
Desta forma o público poderá asistor ás sesións de preparación do combinado nacional que levarán a cabo no Municipal o domingo 1 (19:00 horas) e o propio luns 2 de abril (11:00 horas). Despois será quenda da competición cun encontro que conta con entradas anticipadas a 10 euros (13 en despacho de billetes) a través de www.marcaentradas.com, con prezo reducido de 5 euros para o público infantil.
"Ya estamos pensando en la próxima gran competición, que es el Mundial de 2020, y por eso hay jugadores que debutarán", sinalou José Venancio en relación á convocatoria elaborada para a cita e na que figuran varias novidades. Iso non implica, asegura, que se trate dun equipo español do "máximo nivel" ante un rival como Finlandia que "ha mejorado muchísimo en los últimos años".
Será a oportunidade de volver ver, anos despois da presenza de equipos como Rías Baixas ou Leis na máxima categoría, á elite deste deporte en Pontevedra, e é que o fútbol sala "ten unha historia grande nesta cidade, moitísima tradición", sinalou o alcalde.
Pola súa banda Rafael Louzán, ademais de agradecer a implicación do club local, o Leis Pontevedra, enxalzou o gran crecemento no número de licenzas experimentado nos últimos anos en Galicia, ao que axudan eventos deste nivel, xa que concluirá a tempada como "segunda federación con máis licencias de fútbol sala", recoñeceu o dirixente federativo.
Relacionadas:
-
José Venancio: "La organización, el público y el ambiente ha sido fantástico"
Por Diego Espiño |
-
Triunfo da Selección Española de fútbol sala ante Finlandia nun Municipal vestido de gala (3-1)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Selección Española de fútbol sala faise notar en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O PP alerta da "bochornosa imaxe" que dá Pontevedra ao non ter bar no pavillón municipal
Por Redacción |
-
José Venancio desvela a convocatoria da Selección Española de fútbol sala que xogará en Pontevedra
Por Redacción |
-
As entradas para o España-Finlandia de fútbol sala, a 10 euros na venda anticipada
Por Redacción |
-
A Selección Española de fútbol sala xogará en Pontevedra o 2 de abril ante Finlandia
Por Redacción |