Caldas, Portas e Barro serán escenario dunha DepoRuta de BTT
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra poñerá en marcha por segundo ano a iniciativa DepoRutas, unha ser de marchas ciclistas de BTT que chegarán en 2018 a tres puntos da provincia.
Nesta ocasión Caldas de Reis, Portas e Barro serán escenario dunha das xornadas, concretamente a prevista para o día 2 de setembro.
Esta ruta contará cun percorrido circular de 25 quilómetros, de dificultade media, que iniciarase na Carballeira de Caldas para dirixirse á contorna da Fervenza de Segade e ao parque natural do Río Barosa antes de regresar ao momento de inicio.
Esta DepoRuta, do mesmo xeito que as outras dúas que se organizarán, contará con inscrición de balde a través de www.depo.gal cun límite de 300 prazas co único requisito de ser maior de 16 anos.
Ademais da de Caldas de Reis, as outras dúas marchas de BTT previstas celebraranse o 17 de xuño en Sabucedo (32 quilómetros) e o 30 de setembro en Vigo (40 quilómetros).