A bandeira de bateis Concello de Bueu chega á súa novena edición
Por Redacción
O peirao de Bueu será escenario o vindeiro domingo 25 de marzo, a partir das 10:30 horas, da IX Bandeira de Bateis Concello de Bueu.
A regata, organizada polo Club do Mar de Bueu co apoio do Concello, reunirá a doce clubs da comunidade e a preto de 400 deportistas.
Todo un clásico do calendario autonómico de bateis, a competición terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías. Así o destacaron na presentación celebrada esta xoves Manolo Otero, concelleiro de deportes, Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Rosa María Carballo e Javier Pazos, directivos do club organizador.
Nas probas tomarán a saída primeiramente as regatas de categoría feminina (Alevín Feminina, Promesa Feminina, Xuvenil Feminina, Absoluta Feminina) e a continuación desenvolveranse as regatas de categoría masculina (Alevín Masculino, Infantil Masculino, Cadete Masculino, Xuvenil Masculino, Senior Masculino).
Competirán polas bandeiras feminina e masculina os clubs de Vilaxoán, Amegrove, Mecos, Club do Mar de Bueu, Tirán, Meira, Cesantes, Chapela, Vila de Cangas, A Guía, Coruxo e Robaleira.