Galicia defenderá ante a Federación Española reducir a Segunda B a dous grupos de 20 equipos
Por Diego Espiño
A Real Federación Galega de Fútbol defenderá ante a Federación Española unha proposta de profunda reestruturación para as categorías de Segunda División B e Terceira División.
Así o acordaron os clubs implicados tras varias reunións cos reitores do fútbol autonómico, a última o pasado martes 20 de marzo en Santiago de Compostela. Agora a súa proposta será levada ao IV Congreso Nacional de Fútbol Afeccionado que se celebrará os días 10 e 11 de maio en San Sebastián.
O Congreso Nacional ten como obxectivo a análise das conclusións alcanzadas a nivel autonómico, ao obxecto de emitir as conclusións finais que se trasladarán á Real Federación Española de Fútbol.
O máis rechamante da proposta que defenderá Galicia afecta o número de equipos e grupos que disputarían ambas as categorías. Desta forma a Segunda B, se saíse adiante esta idea, pasaría a contar con só dous grupos de competición de 20 equipos cada un, polo que se reduciría a categoría en 40 equipos dos 80 actuais que militan nos seus 4 grupos.
En canto á Terceira División os 18 grupos actuais veríanse reducidos a 8, polo que pasarían a estar configurados en función de criterios de proximidade xeográfica e os equipos galegos competirían contra conxuntos asturianos ou leoneses.
Ademais o texto, aprobado pola maioría dos clubs galegos presentes, expón outros aspectos como fixar un orzamento mínimo de 600.000 euros en Segunda B e de 200.000 euros na Terceira División, e requisitos a nivel de instalacións mínimas para poder competir nestas categorías.
Outra das propostas pasaría por ampliar o número de fichas sénior por equipo da Segunda B das 16 actuais a 18, ampliando tamén o número de futbolistas máximo por plantel a 25.
Relacionadas:
-
Calma na Segunda B para o próximo curso
Por Redacción |
-
A Segunda B e a Terceira División, patas arriba ante unha posible reestruturación
Por Diego Espiño |
-
Luismi leva a todos os dispoñibles á Coruña
Por Diego Espiño |
-
Aviso a navegantes de Luismi: "Hay jugadores de los que esperamos más"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra recibe 95.000 euros derivados dos dereitos televisivos da Copa do Rei
Por Redacción |