A Copa Galicia de fútbol sala decidirase en Marín
Por Redacción
O pavillón marinense da Raña é o escenario escollido para acoller a fase final da XII Copa Galicia de fútbol sala feminino, na que o Poio Pescamar defenderá o título conseguido a pasada tempada.
Así o confirmou a Real Federación Galega de Fútbol, fixando a competición para o sábado 31 de marzo e o domingo 1 de abril.
A primeira xornada acollerá as semifinais do torneo, cun enfrontamento entre Ourense Envialia e Burela Pescados Rubén (17:30 horas) e outro entre Poio Pescamar e Cidade das Burgas (19:30 horas).
Pola súa banda a gran final da Copa Galicia xogarase o domingo 1 de abril ás 19:00 horas, coas cámaras da segunda canle da Televisión de Galicia en directo.
Antes do partido polo título, A Raña será ademais escenario da I Mini Copa Galicia, que enfrontará aos equipos infantís do Poio Pescamar e A Fervenza (Burela) ás 16:30 horas.
As entradas para asistir aos encontros terá un prezo de 3 euros para o público adulto en venda anticipada e de 5 euros no despacho de billetes. Ademais os menores de 12 anos deberán abonar 1 euro. A venda anticipada estará aberta para os clubs participantes ata o día 23 de marzo.
Ademais de Real Federación Galega de Fútbol e Concello de Marín, colaboran na organización os clubs locais de O Fisgón, Áncora D'Ouro, ED Marín e La Peña.
Relacionadas:
-
Un gol de Jenny Lores sobre a bucina dálle ao Poio Pescamar a súa segunda Copa Galicia
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar pasa á final e defenderá o seu título da Copa Galicia ante o Burela
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Marín, preparada para converterse en capital galega do fútbol sala
Por Redacción |
-
Poio Pescamar estrélase coa porteira de Ourense Envialia (1-2)
Por Redacción |
-
Traballado triunfo do Poio Pescamar sobre Soto del Real (4-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Silvia Aguete participará no Torneo Internacional de Rusia
Por Redacción |
-
Día de festa para o Poio Pescamar, que levanta a súa primeira Copa Xunta (2-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |