Medio milleiro de ciclistas participan na quinta ruta BTT Cidade de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Corenta quilómetros. É a distancia que recorreron os preto de 500 ciclistas que, na mañá deste domingo, participaron na quinta edición da ruta BTT Cidade de Pontevedra.
A proba, organizada polo Club Ciclista Farto, partiu ás nove e media da mañá da avenida Montero Ríos e concluíu no lago de Castiñeiras.
Os ciclistas, que apenas tiveron que facer fronte á choiva, percorreron zonas de gran riqueza natural, convertendo esta ruta de dificultade media nunha experiencia inesquecible.
Como en edicións anteriores, a ruta tivo un fin solidario. Un euro de cada unha das inscricións destinouse á Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEI).