Traballado triunfo do Poio Pescamar sobre Soto del Real (4-1)
Por Redacción & Diego Torrado
Tivo que traballar o Poio Pescamar para dobregar a un Soto del Real que a pesar da súa mala clasificación deixou unha boa imaxe na Seca.
Os dous equipos comezaron presionando en tres cuartos de pista, pero serían as locais as que se adiantarían cun espectacular gol de Jenny de volea á saída dun saque de esquina.
Pero Soto del Real non veu abaixo e aproveitou unha fochanca de xogo das de Marcio Santos para equilibrar o dominio e conseguir o empate pouco antes do descanso por mediación de Stone revolvéndose na zona de pivote e anotando dentro da área a pesar do intento de despexe de Jessy Lores.
O regreso á pista traería a un Poio Pescamar moito máis centrado, conseguindo adiantarse de novo no primeiro minuto, nunha boa transición culminada por Delise. A mesma xogadora conseguía tres minutos máis tarde o 3-1 que daba algo máis de tranquilidade, aínda que as madrileñas seguirían tentándoo, impedindo que o Poio pechase definitivamente o resultado ata os instantes finais, nos que aproveitando que Soto del Real recorría ao xogo de cinco, Jenny nunha contra tras un roubo de balón na presión sentenciaba o resultado.
POIO PESCAMAR (4): Silvia; Ceci, Daniela, Iria e Delise (quinteto inicial). Tamén xogaron, Jenny, Ale de Paz, Yoli e Jéssy Lores.
SOTO DEL REAL (1): Helen; Gabas, Stone, Lauri e Coral, (quinteto inicial). Tamén xogaron, Jaio, Edurne, Sandra, Senís e Chili.
Árbitros: Otero e García (Ourense). Amoestaron a Stone no Soto del Real e Ceci no Poio Pescamar.
Goles: (1-0) Minuto 7: Jenny. (1-1) Minuto 17: Stone. (2-1) Minuto 21: Delise. (3-1) Minuto 24: Delise. (4-1) Minuto 38: Jenny.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Correctivo para o Poio Pescamar en Murcia (4-1)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar estrélase coa porteira de Ourense Envialia (1-2)
Por Redacción |
-
A Copa Galicia de fútbol sala decidirase en Marín
Por Redacción |
-
Silvia Aguete participará no Torneo Internacional de Rusia
Por Redacción |
-
O Móstoles sorprende a un desacertado Poio Pescamar (2-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar tamén para pola folga do 8M
Por Redacción |