Unai Silva saca o billete para o Mundial Junior de Taekwondo
Por Redacción
O taekwondo pontevedrés estará ben representando no próximo Campionato do Mundo Junior en Tunes.
Á marinense Arlet Ortiz (-52 quilos), clasificada polos seus grandes resultados no Campionato de España da categoría referendados hai escasos días cun ouro no Open de Holanda, únese agora o pontevedrés Unai Silva (Mace Sport).
Unai, que foi bronce no Nacional, xogou todo a unha carta nun combate selectivo celebrado este xoves no Centro de Alto Rendemento de Madrid. A súa medalla de prata en Holanda, competición clasificatoria, meteulle na pelexa pola praza mundialista no seu peso co canario Jesús Moreno, que vencera no Campionato de España.
En Madrid o deportista do Mace Sport venceu por 29-20 nun combate que comezou nivelado no primeiro asalto pero no que o pontevedrés terminou dominando para sacar o seu billete a Tunes.
"Ahora toca entrenar mucho y disfrutar del segundo Mundial que voy a disputar, con mucha ilusión", sinalou tras a preselección Unai Silva.
O Campionato do Mundo Junior de Taekwondo terá lugar do 9 ao 13 de abril.
Relacionadas:
-
Unai Silva e Arlet Ortiz, sen opción de medalla no Mundial Júnior de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondo pontevedrés, a bo nivel en Alacante
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz e Unai Silva, ouro e prata no prestixioso Open de Holanda de taekwondo
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso, cun ouro, lidera á armada pontevedresa no Nacional Absoluto de Taekwondo
Por Redacción |
-
Éxito dos taekwondistas pontevedreses no Nacional júnior de taekwondo
Por Redacción |