O Waterpolo Pontevedra métese na final da Liga Galega tras un ano de ausencia
Por Redacción
Despois dun ano de ausencia, o Club Waterpolo Pontevedra volverá pelexar polo título de campión da Liga Galega de Primeira División.
O club pontevedrés pechou a semifinal que lle enfrontaba ao CN Coruña pola vía rápida ao vencer no segundo partido da serie disputado na cidade herculina.
Os de Javi de Sáa non comezaron ben o encontro, con fallos en defensa no primeiro cuarto (4-3), pero melloraron a partir do segundo parcial e axudados polo seu acerto en ataque deron a volta ao marcador e terminaron dominando para gañar por 6 goles a 9.
Desta forma o Waterpolo Pontevedra regresa á final polo título, na que terá como rival ao campión da liga regular, un CW Santiago que se desfixo do Marina Ferrol e que gozará de vantaxe de campo.
Ambos os dous equipos conta agora cun mes para prepararse, xa que a pelexa polo campionato non dará comezo ata o próximo 14 de abril, cunha serie ao mellor de tres partidos.