Pedro Ameneiro ou como soñar desde Poio cos Xogos Olímpicos
Por Redacción
A progresión de Pedro Ameneiro parece non ter fin, aínda que si un obxectivo co que soñar, chegar a uns Xogos Olímpicos.
Subcampión de Europa Sub-17 en Atenas o pasado mes de xullo e bronce europeo junior en Italia en agosto, o regatista de Poio iniciou 2019 conseguindo en Australia o título mundial Sub-17 na clase 420 de vela.
Éxitos que debuxan un gran futuro por diante xunto ao seu compañeiro do Real Club Náutico de Vigo, o vigués Martín Wizner.
Estes resultados non pasaron desapercibidos na súa terra, e por ese motivo o alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Deportes, Marga Caldas, rendéronlle unha modesta homenaxe este luns cunha recepción oficial.
Pedro Ameneiro e Martín Wizner van en todo caso paso a paso, e por iso o seu próximo obxectivo é facer un bo papel no próximo Campionato de España que se disputará nas Illas Canarias, e onde estará en xogo a súa presenza nas próximas citas internacionais.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Pedro Ameneiro é campión do mundo de 420 co seu compañeiro Martín Wizner
Por Redacción |
-
O pontevedrés Pedro Ameneiro e o vigués Martín Wizner, clasificados para ao Mundial Xuvenil
Por Redacción |
-
O vilagarcián Jacobo García, novo campión mundial sub-17 da clase 420 de vela
Por Redacción |
-
RADIO.- Pedro Ameneiro: "Practicar vela non é caro, o caro é competir"
Por Marisa Ciordia |
-
O pontevedrés Pedro Ameneiro, campión do mundo sub-17 na clase 420 de vela
Por Redacción |