O Club Triatlón Motobike preséntase en sociedade con máis de 70 deportistas federados
Por Diego Espiño
"Pontevedra é un lugar para o triatlon, así entendémolo e así viñémolo demostrando dende hai anos". Con esta afirmación presentouse en sociedade o Club Triatlón Motobike, despois dun tempo de rodaxe.
O incremento nas licenzas federativas, que se achegan ás 80, fixo que a directiva do club, presidida por Nacho Cons, deicidese oficilizar o nacemento da primeira entidade dedicada integramente a este deporte na cidade, un club que nace con vocación de crecemento, "intentaremos crear una escuela de triatlón para que este deporte se consolide desde la base".
Nacho Cons: "Intentaremos crear una escuela de triatlón para que este deporte se consolide desde la base"
Entre os obxectivos da presente tempada está realizar un bo papel no Campionato de España de Dúatlon que se celebra o próximo fin de semana en Pontevedra. Na proba o Motobike contará cunha nutrida representación nos grupos de idade, onde segundo Román Rebanal, intentarán conseguir algunha das prazas clasificatorias para o Mundial de 2014, "en alguna de las categorías sí tenemos opciones, sobre todo en las femeninas. Creo que tendremos presencia en el Mundial".
Ademais das diferentes probas de dúatlon e triatlón do ciurcuito galego, varios integrantes do equipo participarán tamén no medio 'Ironman' de Lisboa, unha proba consistente en 1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 de carreira a pé.
JAVIER GÿMEZ NOYA, PADRIÿO DE LUXO
O campión do mundo de triatlon e actual subcampión olímpico, Javier Gómez Noya, apadriñou a presentación do club, "é un orgullo que cada vez máis xente faga este deporte, ogallá cada vez haxa tamén máis rapaces".
Gómez Noya, a preguntas dos xornalistas presentes, asegurou que intentará participar o próximo ano no Campionato do Mundo de Dúatlon que terá como sede Pontevedra, a pesar de non ser a súa especialidade, "me haría ilusión competir en el Mundial en casa, no es mi disciplina pero ya he corrido duatlones y me gustaría".