O Torneo Internacional Cadete de Tenis de Sanxenxo ascende á máxima categoría
Por Redacción
O Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo recibiu unha grata noticia que apoia o traballo realizado durante anos na organización dos seus torneos.
A Federación Española acáballe de comunicar ao club que o seu Torneo Internacional Cadete será a partir da súa próxima edición de Grao 1, máxima categoría.
A Tennis Europe (Federación Europea de Tenis) decidiu subir de categoría á competición despois de 10 anos de traxectoria inmaculada dentro do circuíto europeo sub-16.
"Esta subida de grao pon a Sanxenxo no máximo nivel mundial de clubs de tenis no que á organización de torneos xuvenís se refire", sinalou tras coñecer a noticia do director deportivo do CCD, Noli Álvarez.
Sanxenxo estreará a súa nova condición na undécima edición do torneo, prevista para o próximo mes de outubro como continuación ao Torneo Internacional Junior ITF, o máis antigo desta categoría en España (Grao 2) e que cumprirá 17 anos.