O ximnástico Hugo García Souto, subcampión nacional campo a través en idade sub-16
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica pode presumir do papel dos seus atletas no Campionato de España Campo a través por autonomías celebrado na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
Un dos seus xóvenes deportistas, Hugo García Souto, rozou o triunfo en idade sub-16, aínda que finalmente tivo que conformarse cunha meritoria medalla de prata.
O atleta do club pontevedrés foi na cabeza durante toda a carreira, pero sufriu unha caída a falta de 400 metros que lle impediu pelexar pola primeira posición. Ademais a selección galega cadete finalizou cuarta.
Tamén competiron en San Pedro del Pinatar, en categoría xuvenil, Paula de la Torre e Blanca Armenteros, que entraron en meta nos postos 23 e 59 respectivamente.
Ademais durante a fin de semana Raúl Pagan conseguiu unha sexta posición no Campionato de España de Lanzamentos Longos na modalidade de xavelina. Ángeles Filgueira ocuparía a undécima posición na mesma disciplina, mentres que Víctor Gallego foi noveno no lanzamento de peso.
Por último en Ourense, no Nacional Sub-20 en pista cuberta Andrea González foi novena en peso e Lucía Ferrer quedou a 4 centésimas de entrar na final dos 60 metros valas.
Relacionadas:
-
Hugo García Souto, subcampión de España sub16 nos 3.000 metros
Por Redacción |
-
Hugo García Souto, campión de España sub-16 de 3.000 metros en pista cuberta
Por Redacción |
-
Un posto de finalista, tres mellores marcas e unha mínima nacional, balance da Gimnástica en Antequera
Por Redacción |
-
O Nacional Sub-18 en pista cuberta, novo reto para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Andrea González proclámase en Castellón campioa de España sub-20 de xavelina
Por Redacción |
-
Quince medallas, colleita da Gimnástica nos campionatos galegos sub-18 e sub-20
Por Redacción |
-
Alberto Guerrero, mellor atleta da Gimnástica no Nacional de pista cuberta
Por Redacción |