O Supermercados Froiz acada o décimo posto na Clásica de Aitzondo
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz viviu unha intensa fin de semana de competición, debido á súa participación na Clásica de Aitzondo (País Vasco) e na vixésimo segunda edición da Clásica de Primavera en Portugal.
En terras vascas, Ander del Castaño obtivo unha nada desdeñable 10ª posición a tan só un minuto do vencedor, colocándose quinto na xeral sub-23 da Copa. Nun crebado e esixente percorrido, a Clásica de Aitzondo constitúe a segunda proba da Copa de España Élite sub-23.
Un grupo de sete ciclistas alcanzou a vantaxe na cota final, tras pasar os lugares de Alkiza, Alduna, Asteasu e Larraul. Finalmente Eusebio Pascual (Mutua Levante) fíxose coa vitoria cunha poderosa arrancada e 7 segundos de diferenza sobre o segundo clasificado, Carlos Cobos (Caja Rural-Seguros RGA).
A xornada vasca estivo marcada por un ceo encapotado e ameaza de choiva, o que provocou numerosas caídas dos competidores, nas que se viron involucrados cinco ciclistas do grupo alimenticio cando se atopaban á cabeza do pelotón. Aitor Bugarín, membro do G.D. Froiz, conseguiu o primeiro posto na xeral de montaña e na de sprints especiais.
No que respecta á clasificación xeral da Copa de España Élite-sub 23, na que Sovva Novikov (Lokosphink) mantén o liderado con 190 puntos, Sergio Vega continúa sendo o mellor clasificado do Froiz, cun total de 94 puntos.
Ademais do resultado en Aitzondo, a fin de semana completouse en terras lusas, onde Martín Lestido alzouse co primeiro posto da xeral de las metas volantes, nunha carreira na que participaron equipos profesionais.
Relacionadas:
-
Iván Martínez logra en Zamora a primeira vitoria da tempada para o Froiz
Por Redacción |
-
Sergio Vega, noveno no Trofeo Guerrita, confírmase como primeira opción do Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Terceira oportunidade para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Un ciclista do Froiz sofre mentres adestraba o seu segundo atropelo en seis meses
Por Diego Espiño |
-
Dobre cita para o Supermercados Froiz no País Vasco e Portugal
Por Redacción |