Abel Jurado leva a segunda edición do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción
A segunda edición do RallyMix Cuntis Vila Termal finalizou este domingo coas dúas últimas mangas oficiais de competición e cambio na clasificación xeral.
Abel Jurado proclamouse campión ao non fallar na última xornada do rally, disputada en mellores condicións grazas a unha pequena tregua meteorolóxica, e aproveitar os problemas de Iago Silva, líder por escasa marxe ao final da primeira xornada.
Silva viuse obrigado a abandonar por problemas mecánicos poñendo en bandexa o triunfo a Jurado, con 27 segundos de vantaxe sobre José Miguel Martínez 'Bamarti', ambos cun Yacar Cros.
Completou o podio Celestino Iglesias como primeiro vehículo carrozado a 1:19.
Consulta a clasificación final oficial do II RallyMix Cuntis Vila Termal.
Relacionadas:
-
Borja González, vencedor do III RallyMix de Cuntis
Por Redacción |
-
O RallyMix Cuntis Vila Termal promete emocións fortes na súa terceira edición
Por Redacción |
-
O automobilismo galego entregou os seus premios anuais en Cuntis
Por Redacción |
-
A choiva non detén o espectáculo do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O piloto andorrano Albert Llovera apadriña o segundo RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción |