Poio Pescamar non ten piedade do pechacancelas Cádiz (6-3)
Por Redacción & Diego Torrado
Goleada que puido ser maior a do Poio Pescamar sobre o pechacancelas Cádiz, nun partido que as mozas de Marcio Santos resolveron case nos primeiros minutos para permitir ás gaditanas maquillar o resultado con dous goles na recta final.
O técnico "rojillo" advertira na previa que non quería confianzas e o seu equipo respondeu saltando á pista coa máxima concentración, para marcar moi pronto dous goles por medio de Ale de Paz e de Patri, en senllos roubos de balón na primeira liña de presión.
Pese ao dominio local, o Cádiz conseguía reducir diferenzas aos doce minutos por mediación de Bea, pero case de inmediato a debutante Daniella Sousa poñía as cousas no seu sitio cun disparo cruzado a pase de Ceci que significaba o 3-1.
Non terminarían aí as cousas, senón que antes do descanso, Jenny aproveitaba un rexeite de Paula a disparo de Ale de Paz para deixar o partido practicamente sentenciado.
Na continuación, o Cádiz tentou aumentar a intensidade do seu xogo, pero senllos goles consecutivos das locais, obra de Iria, a pase de Jenny ao segundo pau, e de Jessy de disparo afastado que golpeaba nunha defensora gaditana, acabaron por malograr as esperanzas visitantes, aínda que atoparían premio con senllos goles de Noe, o segundo xa co xogo de cinco, pero xa sen tempo material para inquietar.
POIO PESCAMAR (6): Silvia; Ale de Paz, Jenny, Yoli e Patri (quinteto inicial). Tamén xogaron, Iria, Jessy, Ceci, Cárol, Tamara, Daniella Sousa e Delise.
CÁDIZ (3): Paula; Elena, Bea, Noe e María (quinteto inicial). Tamén xogaron, Pelu, Tere, Mari e Ana.
Árbitros: González Armada e Otero Mira (Galicia). Sen amoestacións.
Goles: (1-0) Minuto 2: Ale de Paz. (2-0) Minuto 5: Patri. (2-1) Minuto 12: Bea. (3-1) Minuto12: Daniella Sousa. (4-1) Minuto 18: Jenny. (5-1) Minuto 29: Iria. (6-1) Minuto 30: Jessy. (6-2) Minuto 37: Noe. (6-3) Minuto 38. Noe.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 250 espectadores.
Relacionadas:
-
O Móstoles sorprende a un desacertado Poio Pescamar (2-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar tamén para pola folga do 8M
Por Redacción |
-
Daniella Sousa, lista para debutar co Poio Pescamar na visita do Cádiz
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar refórzase coa peche brasileira Daniella Sousa
Por Redacción |
-
Poio Pescamar cura feridas á conta dun débil Cidade das Burgas (0-5)
Por Redacción |