Atlético Saguntino, rival do Pontevedra por un posto na final da Copa Federación
Por Alejandro Espiño
O Pontevedra xa coñece ao seu rival nas semifinais da Copa Federación. Será o Atlético Saguntino, equipo valenciano do grupo terceiro da Segunda División B.
Así quedou determinado tras o sorteo celebrado este venres na sede da Real Federación Española de Fútbol.
O partido de ida celebrarase o 8 de marzo en Pasarón, aínda que o Pontevedra estuda pedir adiantalo un día, ao mércores 7 de marzo. A volta será en Sagunto á semana seguinte, o 15 de marzo.
O Atlético Saguntino é, actualmente, oitavo do grupo terceiro da Segunda B. Con dez vitorias e nove empates en 26 partidos, ten 37 puntos e está a catro dos postos do playoff de ascenso. Foi, ademais, campión da última Copa Federación.
Luismi, adestrador do Pontevedra, tras coñecer o rival na Copa Federación, explicou que o equipo afrontará este partido "igual que hasta ahora" e prometeu que os granates competirán "bien" para tratar de alcanzar a final.
Iso si, reiterou que "lo principal" para o Pontevedra é a liga "que es donde nos va todo", polo que en todo caso "no nos podemos despistar".
A outra semifinal enfrontará ao Vilafranca e ao Ontinyent.
Os gañadores de ambas as eliminatorias competirán polo título, tamén a dobre partido, os días 5 e 12 de abril.
Relacionadas:
-
A canteira ao poder: Lezcano e Rivera dan vantaxe ao Pontevedra sobre Atlético Saguntino (2-1)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
O partido de liga entre Coruxo e Pontevedra adiántase ao sábado 10 de marzo
Por Diego Espiño |
-
Luismi confía en poder contar con todo o plantel para recibir o Rayo Majadahonda
Por Diego Espiño |
-
Un penalti inexistente afunde o Pontevedra e abre o camiño do triunfo ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra conxúrase para sumar un resultado "positivo" ante o Real Madrid Castilla
Por Alejandro Espiño |
-
Éder Díez clasifica o Pontevedra para as semifinais da Copa Federación eliminando o Escobedo (1-1)
Por Redacción |