No río Lérez resoan os tambores do Festival Dragon Boat
Por Diego Torrado & Redacción
Afeccionados ao piragüismo con certa curiosidade achegábanse na tarde deste sábado ata o pantalán do río Lérez para ver en vivo unha competición inédita en Galicia, o primeiro Festival Dragon Boat Cidade de Pontevedra.
Este evento que ten as súas referencias en China desenvólvese con piraguas nas que un dos tripulantes toca o tambor marcando o ritmo.
Cada embarcación está formada por 10 persoas, 8 dedícanse a remar, unha exerce de temoneiro e outra de capitán ao tambor. A competición desenvolvese con duelos directos e as distintos cruces realizáronse atendendo a un sorteo previo realizado polo árbitro.
A proba reducíase en Pontevedra a un percorrido de 200 metros.