O Campionato Galego de Kick Boking reunirá 250 deportistas no Sequelo
Por Redacción
O vindeiro sábado 17 de febreiro o pavillón marinense do Sequelo vestirá de gala para acoller o Campionato Galego de Kickboxing e Pointfight.
A competición, organizada polo ABP Sport, reunirá a un total de 250 deportistas participantes nas diferentes categorías.
Todos eles competirán nos tres tatamis instalados para a ocasión nunha xornada intensiva que se desenvolverá desde as 10:00 horas da mañá e ata aproximadamante as 20:00 horas, con descanso de 14:00 a 16:00 horas da tarde.
O evento deste sábado supón a antesala do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Kickboxing que se celebrará en Marín o 11, 12 e 13 de maio, no que se espera unha participación que supere o milleiro de deportistas.
A entrada ao pavillón do Sequelo será de balde para o público.