Importante triunfo do Pontevedra B ante o Lalín (2-0) na súa pelexa por salvar a categoría
Por Redacción
Poucas veces tres puntos poden ser tan valiosos. A falta de catro xornadas para a conclusión da liga, a vitoria do Pontevedra B ante o Lalín (2-0) sitúa aos granates nunha boa posición para salvar a categoría sen pensar nos posibles arratres.
Ante o descenso do Céltiga e a posibilidade de que tamén caia o Villalonga dende a Terceira División, o Mondariz, agora a cinco puntos do filial, marca os postos vermellos da clasificación.
O Pontevedra B adiantouse pronto no marcador co gol de Diego (min.6). Puido empatar o Lalín nun claro penalti que Edu logrou despexar a lanzamento de Damián, que tampouco acertou co rexeitamento, un fallo que non desaproveitou Javi Pazos para sentenciar o choque ao fío do descanso.
PONTEVEDRA CF B (2): Edu Sousa, Uru, Bruno, Pacheco, Collazo, Héctor, Víctor (Chicho, min.88), Paco, Javi Pazos (Dani Adán, min.84), Diego (Buba, min.86), Pibe (Pingüi, min.78).
CD LALÍN (0): Michi, Suso, Gus, Toño (Matías, min.39), Imanol, Iván García, Dani, Damián, Manu (José Ramón, min.79), Juanillo (Iván Fernández, min.54), Rubén.
Árbitro: Abel Bruzos. Amoestou aos visitantes Suso e Manu.
Goles: 1-0 Diego, min.6; 2-0 Javi Pazos, min.40.
Incidencias: Partido disputado no campo da Xunqueira, Pontevedra.