Tres sufridos puntos ante o Céltiga permiten ao Villalonga seguir con vida (1-0)
Por Redacción
Sangue, suor e bágoas. As dúas primeiras necesitounas o Villalonga para vencer a un Céltiga (1-0) ao que lle tocaron as bágoas certificando coa súa derrota o descenso matemático á Rexional Preferente.
O equipo de Julián Ferreiro dominou o choque no campo de San Pedro pero a falta de efectividade e os nervios complicaron aos locais, que fallaron claras ocasións de gol nos primeiros 45 minutos ante un equipo visitante que esperaba no seu campo pero que gozou tamén dalgunha oportunidade para adiantarse no marcador.
A expulsión do xogador do Céltiga Unai, no minuto 65, resultou decisiva converténdose os últimos minutos nun acoso costante á porta de Vila.
Ao final Tenorio marcou o tanto do triunfo tras unha serie de rexeitamentos no minuto 64, un gol que mantén con vida ao Villalonga e o sitúa a tres puntos dos postos de permanencia, unha fronteira que agora marca o Dorneda.
VILLALONGA FC (1): Roberto Pazos, Leo, Marc, Nelo, Miguel, Tenorio, Saúl, Oliveira (Ramón, min.54) Jorge Fernández (Javi Nogueira, min.84), Fran Matos, Machu.
CÿLTIGA FC (0): Vila, Janeiro, ÿscar Río, Unai, Sombri, Groba, Berto (Rubén, min.65), Jacinto, Plevak, Breogan Pereiro (Beni, min.66), Juanito.
Árbitro: García Parada. Amoestou a Saúl e Nelo nos locais e a Groba, Plevak, Janeiro, Juanito e Rubén nos visitantes. Expulsou por dobre amarela ao xogador do Céltiga Unai (min.65).
Gol: 1-0 Tenorio, min.64.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.