O seguinte paso na recuperación granate, San Sebastián de los Reyes
Por Diego Espiño
Case unha volta enteira de competición acumula o Pontevedra sen conseguir vencer lonxe do seu estadio, unha volta que se cumprirá xustamente este domingo (12:00 horas) co duelo ante o San Sebastián de los Reyes no estadio de Matapiñonera.
Os granates queren dar un paso máis na súa recuperación tras o triunfo da última xornada ante o líder, e para eles deberán superar a un conxunto madrileño que marcha na décima posición.
Con todo, a pesar da súa cómoda posición con 34 puntos, o Sanse sufriu nas últimas semanas un cambio de adestrador tras a destitución de Alfredo Santaelena e a confirmación no posto ata final de tempada de Julio Algar. Con el no banco suma 4 dos 6 últimos puntos posibles.
A expedición do Pontevedra partiu á primeira hora deste sábado, con parada prevista no Campo do Doce da Escravitude para realizar a última sesión preparatoria, cunha convocatoria da que caen Marcos Álvarez por sanción e Kevin Presa por lesión, a pesar da súa melloría nos últimos días.
Desta forma a lista de 18 que se enfrontará ao San Sebastián de los Reyes compóñena: Edu, Anxo, Adrián León, Nacho López, David Castro, Jimmy, Goldar, Darío Flores, Prosi, Jorge Hernández, Mouriño, Álex Fernández, Álex González, Añón, Pibe, Iván Martín, Berrocal e Eder Díez.
O encontro será arbitrado polo colexiado vasco Jon Ander González Esteban.
Relacionadas:
-
Xogar a nada e caer por un erro nun mal partido do Pontevedra (1-0)
Por Redacción |
-
O humorista David Broncano 'cébase' con Roelio na televisión nacional
Por Redacción |
-
Partido frío como a noite entre Pontevedra e Escobedo (0-0) en Copa Federación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Así de mal está o céspede de Pasarón... e o mércores toca Copa
Por Diego Espiño |
-
Machada ante o líder dun Pontevedra que dá motivos para a esperanza (3-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |