O Enmacosa Monte Porreiro cae ante o Calella (3-4) e xogarase a permanencia na Coruña
Por Alejandro Espiño
O Enmacosa Monte Porreiro terá que esperar unha semana máis para poder certificar a súa continuidade na División de Honra de tenis de mesa. Pudo logralo xa este domingo, pero foi incapaz de dobregar ao Termotur Calella de Barcelona. Caeu por 4-3 nun disputado encontro celebrado ante medio cento de persoas no Pabellón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
Era un partido crucial para ambos equipos. Chegaban separados por tan só dous puntos na clasificación. Unha derrota dos cataláns condenáballes ao descenso á Primeira Nacional e unha vitoria dos pontevedreses garantíalles a permanencia matemática. Por iso é polo que os primeiros compases do encontro estivesen marcados polos nervios dos xogadores de ambos equipos, cometendo numerosos erros.
O primeiro punto caía de lado do Enmacosa Monte Porreiro. Lográbao Daniel Conic ao impoñerse cómodamente por 3-1 a Adriá Mallorquí. O xogador de orixe serbia, todo un seguro para o equipo pontevedrés, venceu tamén no seu segundo partido individual. Facíao por un contundente 3-0 a Aitor Puig. Era o tanto que devolvía o empate a 2 no marcador tralas derrotas de Nacho Fernández e Santi Prieto.
As cousas poñíanse de cara para o Monte Porreiro grazas a Nacho Fernández, quen no seu segundo partido, vencía a Adriá Mallorquí, non sen apuros, por 3-2. Pero Santi Prieto, ao que lle venceron os nervios durante toda a xornada, non puido conseguir o punto definitivo ao perder 1-3 contra Albert Arcos.
Chegábase así ao partido de desempate. Xogárono Daniel Conic e Nacho Fernández por parte dos pontevedreses e Aitor Puig e Albert Arcos por parte do Termotur Calella. Comezaban moi ben as cousas para o Monte Porreiro. Moi cómodos na pista e cun xogo claro e directo puxéronse 2-0 no marcador. Pero foi entón cando os cataláns cambiaron de forma de xogo e arroiaron aos xogadores locais, logrando a vitoria por 2-3 no set definitivo.
"Es una pena porque empezamos muy bien", recoñecía o presidente do club, Emilio Álvarez. "En el segundo partido Nacho lo tuvo para sentenciar, no fue capaz y luego fuimos a remolque". Pero tamén sinala como clave o ocorrido no partido de dobres. "Ganando 2-0 confiábamos en llevarnos el partido, pero esto es deporte y las cosas suceden así". O mesmo que apuntaba Daniel Conic. "Con el 2-0 nosotros bajamos el ritmo, ellos cambiaron la táctica y al final tuvimos mala suerte".
Tras esta derrota, o Enmacosa Monte Porreiro e o Termotur Calella quedan empatados a 18 puntos, aínda que aos pontevedreses aínda lles queda un partido por xogar. Será o próximo fin de semana na Coruña contra o Club de Mar San Amaro. Cunha vitoria, os pontevedreses manterían a categoría unha tempada máis. No caso dunha derrota, dependerían do 'average' xeral. Se perden por máis de tres puntos, descenderían.